Arrinca o Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de paz

DÍA 10/12/2010. Sesión: 10:00 a 11:30 horas. Inauguración
ACTO INAUGURAL DO FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN
Apertura Musical: Escolas de Música do Concello de Santiago, Uxía Senlle
Participantes: D. Xosé Manuel Beiras (Presidente da Fundación Galiza Sempre e Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial); D. Federico Mayor Zaragoza (Presidente do Comité Organizador do Foro 2010); D. Manuel Dios Diz (Secretario Coordinador do Foro 2010 e membro do Consello Internacional do Foro Mundial de Educación); Dª Manuela Mesa (Presidenta de AIPAZ); Dª Gloria Ramírez (Representante da AIEP); Dª Ania Piñeiro (Representante do Comité Organizador Local); D. Xoan Antón Sanchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela); D. Juan Casares Long (Reitor da Universidade de Santiago de Compostela), Gertrude Mongella (Ex-Presidenta do Parlamento Panafricano).
Local: Auditorio de Galicia, Sala Ángel Brage


DÍA 10/12/2010. Sesión: 11:30 a 13:30 horas. Sesión Plenaria
SESIÓN PLENARIA: A Cultura de Paz
Apertura Musical: “In Search of Understanding Initiative”, by Counsellor Dr. Mohamed Kazem, a Public Diplomacy initiative fostering the Culture of Peace
Participantes: D. Federico Mayor Zaragoza (Presidente do Comité Organizador do Foro 2010, ex-Director Xeral da UNESCO); D. Mario Soares (ex-Presidente da República Portuguesa); D. Peter Weiss (Presidente da Asociación Internacional de Xuristas polo Desarme Nuclear); Marta Dacosta (Confederación Intersindical Galega-CIG-Ensino); D. Gervasio Sánchez (Fotoxornalista); Dª Ana Isabel Prera (Embaixadora de Guatemala diante da UNESCO).
Local: Auditorio de Galicia, Sala Ángel Brage

DÍA 10/12/2010. Sesión: 16:00 a 18:00 horas
Actividades autoxestionadas

Actividade 161: JOHN LENNON EMBAIXADOR DA PAZ, 30 ANOS DO SEU PASAMENTO. GIVE PEACE A CHANCE
Propoñentes: SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
Relatores/as: Francisco Castro
Descrición: Presentación artística ao redor da figura de John Lennon
Local: Auditorio de Galicia, Sala Ángel Brage

Actividade 154: A EDUCACIÓN EN VALORES, BASE DUNHA NOVA ECONOMÍA
Propoñentes: TRIODOS BANK (ESPAÑA)
Relatores/as: Joan Antoni Melé
Descrición: Conferencia. A economía como oportunidade de encontro: individuo-comunidade. Natureza do diñeiro e as forzas que actúan nel: Que é o diñeiro? Cal é a nosa relación persoal con el? Cal é a súa orixe e como evolucionou?
Local: Auditorio de Galicia, Sala Mózart

Actividade 15: COÑECE O ESPIRITO NEXOS
Propoñentes: ASOCIACIÓN NEXOS ALIANZA (ESPAÑA)
Descrición: Presentación de 8 DVDs DidácticoS “Coñece o espírito Nexos” que contemplan 8 títulos xenéricos, de 30 minutos cada un.
Local: Auditorio de Galicia, Sala Circular

Actividade 33: É POSÍBEL MEDIR A PAZ?
Propoñentes: INSTITUT CATALÀ INTERNACIONAL PER LA PAU (ICIP) (CATALUNYA)
Parceiras: INSTITUTO DE LA PAZ Y LOS CONFLICTOS DE UNIVERSIDAD DE GRANADA, ESCUELA DE CULTURA DE PAZ, CENTRO DE ESTUDIOS POR LA PAZ J. M. DELÀS
Relatores/as: Tica Font, Juan Codorníu, Maria Prandi, Pere Ortega
Descrición: Presentación: metodoloxía e estudo realizado “Cara a un Índice de paz”. Como medir a paz e as limitacións políticas, éticas, metodolóXicas, etc.
Local: Filoloxía, Salón de Actos

Actividade 1: EXPERIENCIA EDUCATIVA DE A COVA DA TERRA PARA UN CONSUMO XUSTO E RESPONSABLE
Propoñentes: A COVA DA TERRA (ESPAÑA)
Relatores/as: Beatriz Teijeiro Rodríguez
Descrición: OBRADOIRO: Quen Somos? Que facemos? Que labor estamos a facer na sensibilización? Como traballamos a prol da Educación para a Paz no Consumo Responsable e o Comercio Xusto? Que ferramentas empregamos? Que resultados temos? Como podemos mellorar?
Local: Filoloxía, Salón de Graos

Actividade 60: COMUNIDADES DE EDUCACIÓN PARA A PAZ, A EXPERIENCIA EN COLOMBIA
Propoñentes: FUNDACION ESCUELAS DE PAZ (COLOMBIA)
Parceiras: JUEGOS DE PAZ
Descrición: Seminario: As Comunidades de Base de Educación para a Paz son unha experiencia de formación de redes de educadores de paz traballando desde a base.
Local: Económicas, Sala 22
Actividade 66: A CARTA DA TERRA, FERRAMENTA PARA A EDUCACIÓN NO SÉCULO XXI
Propoñentes: FUNDACIÓN VALORES (ESPAÑA)
Parceiras: INICIATIVA DE LA CARTA DE LA TIERRA
Descrición: Conferencia e exercicio práctico. Os valores universais forman un substrato onde se asentan principios éticos comúns a todos os seres humanos da Terra, independentemente da súa cultura, as súas crenzas relixiosas, a súa nacionalidade, a cor da súa pel, o seu sexo, etc.
Local: Económicas, Sala B

DÍA 10/12/2010. Sesión: 18:30 a 21:00 horas
Actividades autoxestionadas

Actividade 18: EDUCANDO PARA A PAZ. REDES HUMANAS SOLIDARIAS
Propoñentes: ASOCIACIÓN TURMALINA DE ACTIVIDADES BIOCULTURALES BIOTURMALINA (ESPAÑA)
Parceiras: AHS+ (ACCIONES HUMANS SOSTENIBLES)
Relatores/as: Dulcina Gómez Araujo, Carlos Espinosa, Jacomina Kistemaker
Descrición: Dúas conferencias breves e Concerto para a Paz na Terra. Cuencos Tibetanos e Poesía, música e palabras para atopar a paz dentro de ti.
Local: Auditorio de Galicia, Sala Mózart

Actividade 3: VELLOS E NOVOS TEMAS EN INVESTIGACIÓN E EDUCACIÓN PARA A PAZ
Propoñentes: AIPAZ (ESPAÑA)
Descrición: Conferencia: temas clásicos da investigación para a paz: desarmamento, non violencia, e os novas temáticas relacionadas con identidades e conflitos, xénero e paz, guerras asimétricas, sociedade civil e construción de paz, arte e paz.
Local: Filoloxía, Salón de Actos

Actividade 55: A REFORMA DAS NACIÓNS UNIDAS A PARTIR DO ARTELLAMENTO DUNHA ALIANZA DA SOCIEDADE CIVIL GLOBAL
Propoñentes: FORO UBUNTU (ESPAÑA)
Descrición: Seminario: preténdense enlazar as temáticas da “reforma das Nacións Unidas” e a de “cara a unha sociedade civil global” a partir da experiencia e o coñecemento que o Foro UBUNTU adquiriu ao longo dos seus case dez anos de historia e do cumprimento da súa misión.
Local: Filoloxía, Salón de Graos

Actividade 10: DIA-TEKHN?: DIÁLOGO A TRAVÉS DA ARTE
Propoñentes: ASOCIACIÓN CENTRO DE INVESTIGACIÓN POR LA PAZ GERNIKA GOGORATUZ (EUSKAL HERRIA)
Relatores/as: Alex Carrascosa
Descrición: Obradoiro. Presentarase o proxecto Dia-Tekhne ou Diálogo a través da Arte. Dividirase nunha presentación audiovisual de 30’ e dúas actividades prácticas sucesivas de achegamento ás dúas variábeis do Dia-Tekhne.
Local: Económicas, Sala A

Actividade 22: OS MONICREQUES, FERRAMENTA IDEAL NA REGULACIÓN DE CONFLITOS
Propoñentes: BAKEOLA. CENTRO PARA LA MEDIACIÓN Y REGULACIÓN DE CONFLICTOS
Descrición: Obradoiro. Desde un enfoque socioafectivo, posibilitar a reflexión e aclaración do concepto de conflito, e en paralelo, descubrir vivencialmente as actitudes necesarias para unha satisfactoria abordaxe dos conflitos a través do emprego de monicreques.
Local: Económicas, Sala B

Actividade 105: AS PRÁCTICAS DE CULTURA DE PAZ DESDE A PERSPECTIVA LATINOAMERICANA. UNHA PEDAGOXÍA DE DESAFÍOS, REALIDADES E ESPERANZAS
Propoñentes: ESCUELA DE CIENCIAS DE LA EDUCACIÓN. UNIVERSIDAD NACIONAL DE ROSARIO (ARXENTINA)
Parceiras: FUNDACIÓN ESCUELAS DE PAZ, BOGOTÁ (COLOMBIA) / MAESTROS POR LA PAZ , MONTEVIDEO (URUGUAY) / CATEDRA UNESCO DE CULTURA DE PAZ  – UNIVERSIDAD DE SAN JUAN DE PUERTO RICO ( PUERTO RICO) / FOPAZ (ARXENTINA)
Relatores/as: Alicia Cabezudo, Victor Brindisi, Amada Benavidez, Ana Paula Martins Amaral, Rev. José Miguel Torres, Anita Yudkin
Descrición: Obradoiro. Presentar un panorama xeral achega do significado e a proxección da Cultura de Paz na rexión latinoamericana, invitando a un diálogo reflexivo entre os membros do panel e os asistentes acerca das súas características específicas.
Local: Económicas, Sala 22

Esta entrada fue publicada en Notícias/Noticias/Nouvelles/News. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *