DECLARACION FINAL ASEMBLEA DE EDUCACIÓN do FSM (versión preliminar) – Galego

Castellano Catalá Galego Português Italiano English Francais

DECLARACION FINAL ASAMBLEA DE EDUCACIÓN del FSM (versión preliminar)  Galego

As persoas participantes da Asemblea de Educación do Foro Social Mundial, reunidos na Universidade Cheik Anta Diop, da cidade de Dakar, o 10 de febreiro de 2011, delegados e delegadas de Movementos Sociais, Redes Educativas, Sindicatos Docentes, Organizacións Populares, de estudantes, de pais e nais…, tanto de alcance global como rexional e nacional, aprobamos por consenso os seguintes puntos, xurdidos do acordo das axendas de cada unha das nosas organizacións, comprometidas coa educación dos nosos pobos, en síntonía coa carta de principios do Foro Social Mundial:

Reafirmamos:


1. O Dereito á educación como dereito humano fundamental e interrelacionado cos dereitos económicos, sociais, políticos, culturais e ambientais; (enfoque transversal).

2. O recoñecemento ás loitas pola educación cidadá, pola democracia, os novos desafíos do traballo, a xustiza social, a igualdade, no marco da educación para toda a vida.

3. Unha educación pública baixo a responsabilidade do Estado, laica e gratuíta, desde a educación infantil ata a universidade , e ao longo de toda a vida, e pola cal estamos loitando desde perspectivas sindicais, de asociacións de pais e nais, estudantís e, en xeral, da sociedade civil organizada, ligada ao financiamento público da educación.

4. A educación incluínte de todas as diversidades étnicas, de xénero, xeracional, territorial, incluíndo a educación rural, orientación sexual, discapacidade, etc.

5. A reivindicación da pedagoxía de Paulo Freire e doutras teorías pedagóxicas anovadoras baseadas nos saberes locais, a educación popular e cidadá e a recuperación da historia dos pobos.

6. O desenvolvemento de estratexias de incidencia fronte a gobernos locais, nacionais, aos organismos internacionais, en contra da privatización e mercantilización da educación, desde a perspectiva da educación como dereito humano inalienable.

7. O fortalecemento do movemento social que loita pola educación como dereito.

8. Noso repudio á impertinencia da educación colonialista, en especial nos países africanos, que descoñece e despreza os saberes e historias locais.


9. A produción do coñecemento aplicable, significativo e que responda aos contextos locais, en problemáticas taes como migración, desprazamento, guerra, e toda forma de discriminación, o que inclúe o dereito a educarse na propia lingua.

10. A solicitude expresa de atender ás condicións de alumnos e profesores que están en condicións de guerra, esixindo o protección das súas vidas e os seus dereitos humanos.

11. O fortalecemento da loita pola garantía de mellores condicións do traballo docente en virtude da deterioración das condicións laborais das e os traballadores da educación e das condicións de ensino.

12. As esixencias por atender ás situacións ligadas á pertinencia (lingua propia, curriculum), o acceso (instalacións inadecuadas), calidade (educación centrada nas potencialidades humanas e en harmonía coa natureza).

13. A necesidade de enmarcar a loita polo dereito á educación no marco da crise do modelo civilizatorio, promovendo a cidadanía activa e a resistencia fronte ao modelo imposto desde os organismos internacionais. A democratización do saber é un elemento básico da democratización da sociedade.

14. A urxencia de dotar de contidos significativos e significantes ao concepto da calidade da educación, accesible a todos sen discriminación, solidario, ao longo de toda a vida.

Tendo en conta as propostas e suxestións xurdidas na Asemblea, queremos promover e invitar a todos os movementos e organizaciónes comprometidos coa educación en todo o mundo:

1. A loitar contra os organismos internacionais que promoven a privatización da educación, e incidencia na procura de recursos para a mobilización social da educación con calidade.

2. A intercambiar investigacións e experiencias pedagóxicas e de mobilización social polo dereito á educación universal, incluínte e de calidade.

3. A intercambiar saberes no campo da educación en todos os niveis e modalidades educativas.

  1. A soster o fortalecemento dos liderados sociais nos procesos de incidencia.5. Convidar ás Redes mundiais a ofrecer acceso aos materiais educativos que se producen entre os seus membros. 

6. Traballar nunha perspectiva de estilo no camiño da educacción na próxima Conferencia Internacional de Educación.

7. A traballar desde unha perspectiva de xénero na educación camiño á próxima Conferencia Internacional da Educación

8. A traballar en perspectiva da próxima Conferencia Río 20 o rol da educación ambiental.

9. A participar da Asemblea mundial do ICAE.

10. A construír diálogos para outro mundo posible.

11. A fortalecer o partenariado sindical do movemento pola educación.

12. A presionar sobre os gobernos por unha educación para unha xustiza social, polo financiamiento da educación publica , gratuíta e de calidade en todos os niveis.

13. A articular esforzos coas organizacións de pais e nais.

14. A participar do Congreso latinoamericano de estudantes en outubro en Uruguai, aniversario de 45 anos de OCLAE (Organización Caribeña e Latinoamericana de Estudantes) (11 de agosto)

15. A acrecentar o intercambio de loitas que relacionan os asuntos territoriais e locais taes como a migración cos temas do dereito, acceso e calidade da educación

16. A utilizar e expandir o software libre, a garantía de banda longa como dereito fundamental das persoas e o acceso ao libre coñecemento

17. A construír unha maior articulación coa Semana de Acción Global que promove a Campaña Mundial pola Educación, en articulación coas Coalicións Nacionais polo Dereito á Educación de cada país.

18. A fortalecer as experiencias e investigacións desde a educación superior universitaria, de face ao dereito á educación e á contribución á solución dos problemas educativos.

19. A privilexiar a educación presencial por sobre a educación a distancia na formación docente para todos os niveis e modalides dos Sistemas Educativos.

Punto especial: A Asemblea de Educación, por último e por unanimidade, decidiu transmitir ao Consello Internacional do FSM, o seu máis absoluto rexeitamento ao atentado á liberdade de expresión que, a cargo de provocadores, sufriu a delegación do Pobo Saharahui durante o presente FSM.

Una Respuesta a DECLARACION FINAL ASEMBLEA DE EDUCACIÓN do FSM (versión preliminar) – Galego

  1. Pingback: Almanaque FME » DECLARACION FINAL ASAMBLEA DE EDUCACIÓN del FSM (versión preliminar) - CASTELLANO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *