FORO 2010 O prazo de presentación de propostas amplíase até o 30 de setembro

O prazo de presentación de propostas amplíase até o 30 de setembro, especialmente para incluír a presentación de experiencias educativas –formais e non formais– no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz.

A. AVANCE ACTIVIDADES
Foi publicado o primeiro avance de actividades autoxestionadas para el Foro Mundial de Educación de Santiago. A cada actividade lle foi asignado un número. Poden velas en: http://www.foro2010.org/images/actividades/actividades_FME_avance_ORG.pdf
Comproben se a súa actividade está na listaxe e se os datos están ben. Do contrario, poden comunicalo a inscricions@foro2010.org
Se a súa actividade non figura na listaxe volva a inscribila (ver punto D)

B. FUSIÓN E REIMAXINACIÓN
Animamos ás organizacións a revisar a listaxe de actividades e contactar con aquelas que poderían fusionarse coa súa. De tomar esta decisión deben comunicala, indicando os números das actividades fusionadas e o resultado final a inscricions@foro2010.org

C. ACOMPAÑANTES DE ACTIVIDADES
O Comité Organizador decidiu que cada actividade pode levar a inscrición de dúas persoas de apoio sen custe. A persoa responsábel si ten que estar inscrita no FME, fágao canto antes para que a súa actividade poida ser aceptada.
Se vostede xa presentou unha actividade pode proceder do seguinte xeito para inscribir ás persoas acompañantes:

  1. Entre na pasarela de inscricións e cubra na área de rexistro o seu nome de usuario e contrasinal (arriba á esquerda)
  2. Prema en “Mantemento de Conta” e logo en “Información de Conta”. Aí poderá cambiar os seus datos de inscrición mentres o prazo estea aberto.
  3. Indique na parte de abaixo do seu formulario de datos o número (ver listaxe) e titulo da/s súa/s actividade/s
  4. Indique ao final, separados por comas, os nomes das persoas que acompañan as actividades (só 2 por actividade)


D. NOVO PRAZO DE PROPOSTAS
O prazo de presentación de propostas amplíase até o 30 de setembro, especialmente para incluír a presentación de experiencias educativas –formais e non formais– no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz
.

E. TAXA POR ACTIVIDADE
Cada actividade terá tamén unha taxa de autoxestión (100€ para o Norte e 40€ para o Sur), que poderá ser compartida entre os colectivos que compartan a actividade, se é o caso. A dita taxa non se paga agora, senón cando a actividade sexa definitivamente aprobada logo dos procesos de fusión e reimaxinación. A Comisión de Programación contactará coas persoas responsábeis para esta cuestión.

http://www.foro2010.org/

Esta entrada fue publicada en Notícias/Noticias/Nouvelles/News. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *