No centenario do ALMANAQUE

Manuel Dios Diz Concelleiro de Educación e Cidadaní­a no Concello de Santiago de Compostela.Galicia.

Benquerida amigas e benqueridos amigos:

Recibo un moi amable convite para participar no centenario do ALMANAQUE, non en anos, certamente, senón en números, que non son poucos para un espazo informativo e de reflexión para todas aquelas persoas de ben que amamos á educación e á profesión docente, para quen defendemos a escola pública, laica, democrática, transformadora, pacífica, intercultural e igualitaria, para quen necesitamos beber nas fontes do cambio educativo e intercambiar experiencias de resistencia ás políticas neoliberais tamen en materia de ensinanza.

Tiven á honra de coñecer e participar do movemento que representa o Foro Mundial de Educación, do seu Secretariado Internacional, de colaborar na divulgación dos valores cívicos e democráticos que representa á Cultura da Paz e os Dereitos Humanos es particular, de axudar á difundilos en distintos Encontros e Xornadas, en América Latina ou en Europa. Aproveito para facer extensivos os meus parabens o equipo de Almanaque e do Secretariado Executivo do Consello Internacional xunto con todos os seus membros. Cómpre agradecer os seus esforzos por facer realidade, cada día, os obxectivos do Foro Social Mundial e o espíritu e o movemento que tivo en Porto Alegre o seu faro e guía.

Hoxe, desde as miñas responsabilidades como Concelleiro de Educación e Cidadanía do Axuntamento de Santiago de Compostela, procuro facer realidade aqueles ideais que conservo moi vivos e presentes no meu corazón.

Unha forte aperta de afecto e de cariño. 

Conservo na miña memoria os grandes momentos compartidos con todas e todos vos, de aprendizaxe e de colaboración.

Parabéns, felicidades e todo o ánimo para facer cen primaveras máis para os educadores e as educadoras do mundo.

Grazas e parabéns!

Esta entrada fue publicada en Artigos/Artículos/Articles. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *